Alvarellos engade o libro infantil ilustrado ao seu catálogo

A colección Verdemar inaugúrase cunha obra de Helena Villar e outra de Lawrence Schimel

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Capa do libro

Capa do libro

A editorial Alvarellos ven de abrir unha nova liña editorial no seu catálogo adicada á literatura infantil de álbum ilustrado. A colección Verdemar inaugúrase con dúas obras: Contos do sol e a lúa de Helena Villar Janeiro e Queres ler un libro comigo? do escritor estadounidense Lawrence Schimel. A obra de Helena Villar Janeiro, un compendio de relatos con carácter didáctico está ilustrada pola artista visual Ana Costas e tivo unha edición extraordinaria non venal de 30.000 exemplares patrocinada pola cadea de supermercados GADISA que ofreceu o libro como agasallo polo Día das Letras galegas 2017 nos seus establecementos. O libro está dirixido á infancia no período de 8-10 anos (mesmo nos cursos finais do ensino primario) de tal xeito que lle sexa atractivo e que sexa tamén apetecible para nenas e nenos máis pequenos. O álbum ilustrado do escritor estadounidense Lawrence Schimel e ilustrado polo artista brasileiro Thiago Lopez está dirixido a lectores de entre 3 e 5 anos. Neste libro se reflexiona, dun xeito divertido e didáctico, sobre a necesidade de compartir: neste caso, compartir un libro. Alvarellos Editora é unha editorial asentada en Compostela que naceu en Lugo en 1977.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Helena Villar, Contos, Literatura, Día das Letras Galegas...