O xurado do V Premio Bento Spinoza, composto por alumnos de Barcharelato de cinco centros galegos, deu a coñecer onte o seu fallo. A autora india Arundhati Roy recibirá o galardón que coordina o instituto compostelán Rosalía de Castro polo seu traballo Espectros del capitalismo, publicado en España por Capitán Swing. O xurado destacou a capacidade da autora de explicar de xeito sinxelo unha problemática complexa como son os problemas que provoca o sistema económico imperante na India, así como a súa achega de datos. Canda a ela, foron finalistas no certame as obras El Hambre de Martín Caparrós, La política en tiempos de indignación de Daniel Innerarity e Marxes e centros de Antón Figueroa. Está previsto que a autora recolla o galardón en Compostela ao longo do primeiro trimeste de 2018.
O V Premio Bento Spinoza recoñece a Arundhati Roy
O instituto compostelán Rosalía de Castro convoca o galardón
32 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, India, Antón Figueroa