Un San Clemente para o ensaio

O premio Spinoza reivindica a galeguidade do pensador

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Aplicar o mesmo formato do premio San Clemente a obras de ensaio. Esta é a idea coa que o Instituto Rosalía de Castro acaba de presentar o premio Bento Spinoza, un galardón que quere ademais reivindicar a galeguidade deste pensador. Do mesmo xeito que no premio literario San Clemente, serán alumnos de secundaria de toda Galicia os que seleccionen cada ano a obra gañadora no campo do ensaio. O recoñecido investigador Carlos Pajares será o presidente do comité organizador, responsable de preseleccionar cinco obras entre as que os estudantes seleccionarán o gañador.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Rosalía de Castro, Secundaria

Claves

Protagonistas
Conceptos