Xulia Alonso, Eduardo Mendoza, Colm Tóibín e Jean- Didier Vincent gañan a nova edición do San Clemente e o Spinoza

Fállase a XVII edición do certame

21/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Onte deuse a coñecer o fallo da XVII Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente e do Premio Bento Spinoza de ensaio. O xurado do certame, organizado polo Instituto Rosalía de Castro de Compostela, está integrado por alumnos de Secundaria dos institutos de Melide, A carballeira de Ourense, Aquis Celenis de Caldas de Reis, Enrique Murais da Ponte Nova, Ramiro de Maeztu de Madrid, Santa Comba e o Rosalía de Castro. Os premiados foron a novela Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz, en lingua galega, Riña de gatos, de Eduardo Mendoza, en castelán, e Brooklin, de Colm Tóibín, na lingua estranxeira. Merecente do premio Bento Spinoza ao ensaio foi a obra Viaxe extraordinaria ao centro do cerebro, de Jean Didier Vincent, elixida por alumnos do IES Xulián Magariños, de Negreira, o IES Allariz, o IES do Castro, de Vigo, o IES Perdouro, de Burela, e o propio Rosalía de Castro.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Ensaio, Xulia Alonso Díaz, Reis...