Máis funcións para público adulto, obras xa estreadas e un lixeiro incremento na magnitude das montaxes marcan o programa da quinta edición de Galicia Escena Pro. A feira galega das artes escénicas celebra presenta estes días en Compostela unha selección de 17 obras do país que nos permiten tomarlle a temperatura ao sector escénico do país.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), recibiu de cara a esta edición do Galicia Escena Pro un total de 68 propostas para a exhibición de espectáculos completos e 27 máis para as sesións pitching. A desaparición do formato showcase do evento levou a unha importante redución do número total de compañías presentes, aínda que se incrementaron en tres o número de funcións íntegras en exhibición. Así, en canto a obras completas, poderán verse no programa oito propostas para público adulto, cinco para público familiar, dúas de danza, unha de novo circo. A maiores, o Concerto singular (e plural) de Píscore, que fai tamén parte do programa. A estas súmanse os traballos de dúas compañías de Castela e León no marco do programa de intercambio co festival de Ciudad Rodrigo que mantén este evento e as 10 propostas que se integran no apartado de pitching. A repasar estas iniciativas podemos albiscar algunhas das tendencias que se están a mover nas nosas artes escénicas. No entanto, cabe lembrar que a selección que finalmente integra o programa foi realizada co criterio de amosar propostas variadas tanto en formato e linguaxes como para diferentes públicos. Deste xeito, a idea de contar cunhas cotas mínimas de cada tipo de función condiciona en boa medida a representación da nosa escena que chega á feira.
Propostas adultas
Para alén de mudanzas de formato, se algo caracteriza a actual edición do Galicia Escena Pro é o predominio das producións para público adulto que fan parte do programa. Así, nada menos que a metade as obras presentes na feira (a incluír pitching) sinálanse como dirixidas a esta idade, algo que supera con moito as cifras de anos anteriores. En 2016 a suma os traballos orientados a adultos e os de público adulto e xuvenil, a porcentaxes só chegaba ao 24,3% do total. Isto implica, como non, unha importante diminución na contía de espectáculos para os espectadores máis novos, que nos últimos anos predominaban neste encontro. Carla Capeáns, representante de Escena Galega no comité de selección advirte da pegada no formato do evento na selección de contidos. "Penso que a diminución de espectáculos infantís está relacionada coa eliminación de showcases, que era un formato cunha grande participación deste tipo de montaxes". De xeito paralelo, este relativo abandono do público infantil pode explicar a escasa presenza dos títeres na edición, xa que unicamente as montaxes de Fantoches Baj e de Monicreques de Kukas aparecen como parte desta categoría, que nos últimos anos contaba con máis peso.
A selección
Manuel Freire, responsable de programación do Auditorio Municipal de Ourense e membro tamén da comisión de selección apuntaba na presentación da feira que "penso que fica un programa moi completo, con todo tipo de actividade, no que se mesturan compañías cunha longa traxectoria con outras que están a despuntar e aínda con outras que están a ter moita aceptación no exterior. Así, veteranos como "Teatro do Atlántico, Noroeste ou Sarabela", atópanse con "compañías novas que chegan a esta feira coa súa primeira montaxe", explica Freire. "No campo infantil están tamén Baobab, Las Tricotouses... do melloriño están todos". Pola súa banda, Carla Capeáns apunta que "a comisión estivo basicamente de acordo. Había variedade de propostas, e aínda que en xeral había un bo nivel, e isto sempre o fai algo máis complicado, non houbo problemas. Dentro das solicitudes houbo un pouco de todo, pode chamar a atención que a danza ten sempre menor cabida. Evidentemente hai menos compañías que de teatro, pero o número de propostas deste campo foi moi baixo".
Menos pequenas
Por tamaño das montaxes, esta edición amosa o que pode ser un lento abandono da aposta das compañías polas obras de menor formato. Fronte a anos anteriores, nas que as propostas individuais e os dúos sobre o escenario eran maioría, desta volta son as obras con tres participantes as maioritarias, o 17,9 do total. En xeral, obsérvase unha maior variedade no tamaño das montaxes, moi repartidas e aínda con predominio dos menores tamaños, ata cinco actores ou actrices. Así, a categorías individuais, os dúos e os cuartetos supoñen cada unha o 14.3% das obras desta edición. Ademais, a banda alta da táboa semella seguir a tendencia do pasado ano e vai incrementando o seu peso. As montaxes con seis e oito participantes son xa o 14,2%, fronte ao 6% do pasado ano. É posible tamén que sobre esta magnitude se deixa sentir a orientación a público adulto das obras, xa que é habitual no noso teatro que as orientadas a públicos mais pequenos conten con poucos participantes sobre o escenario.
Idade e repeticións
Por ano de creación, as compañías máis recentes seguen a se facer valer na feira. As creadas na última década supoñen xa o 60,7% das participantes, mentres as nadas desde 2011 chegan ao 35,7%. Entre estas é de destacar a presenza de catro compañías aparecidas desde 2016, o 14,3% do total. Trátase de Píscore, Teatro ó cubo, Pérez & Fernández e Os naúfragos. "As compañías novas déixanse sentir nas propias solicitudes, hai moitas que queren participar. E desde comisión tamén tentamos que haxa unha variedade de linguaxes e de traxectorias", lembra Capeáns. En canto a variedade, non repiten moitas compañías da anterior edición, só nove das vinte e sete presentes neste ano xa participaran na feira de 2016. Os Monicreques de Kukas ou Producións Teatrais Excéntricas, habituais do evento, recuncan este ano con novos proxectos. Canda a eles, Talía Teatro, eme2, Caramuxo, Ghazafellos, Contraproducións, Ibuprofeno e Pérez & Fernández son as compañías que se manteñen da anterior xeira.
Sen estreas
En relación á desaparición do formato showcase, a práctica totalidade dos espectáculos que se poden ver en íntegros levan xa tempo estreados e en xira, de xeito que son unicamente aqueles que chegan como pitching os que nos poden servir de adianto de cara á vindeira temporada. "As producións van evolucionando no escenario", asegura ao respecto Jacobo Sutil, director da Agadic. "Para unha feira non é o mellor vir estrear un espectáculo". Entre as novidades máis máis rechamantes, a montaxe de Casa O'Rei. Traxicomedia gastronómica, de Santiago Cortegoso por Ibuprofeno Teatro. Tamén o vindeiro retorno de Mofa e Befa como dúo da man de Excéntricas con Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira. A montaxe do texto de Cándido Pazó Nacidas libres, da man de Contraproducións e mais da Mostra Internacional de Teatro de Cangas aparece como outro dos adiantos máis destacados do que poderemos ver na vindeira temporada. Canda a elas, outras propostas que botan a andar no evento son Réquiem para un monicreque dos Monicreques de Kukas, Os golfiños e o xigante, de Fantoches Baj, Ulises e a nena durmida, segunda travesía de Ánxela Blanco, ou Chola, a it girl, de Artesacía, entre outras. "Un dos requisitos para poder participar no evento era que os espectáculos estivesen estreados nun determinado período de tempo, e a maior parte deles xa se puideron ver, aínda que tamén se admitían estreas na propia feira", advirte Capeáns. Este ano, desde logo, predominan propostas xa rodadas nas táboas. Desde hoxe e ata o vindeiro 15 de xullo, as persoas interesadas teñen ocasión de coñecer de primeira man unha boa selección destes títulos en Compostela.