O Ministerio de Cultura daba a coñecer onte os datos do Inventario de Operacións EstatÃsticas da Administración do Estado referidos ao campo da artes escénicas e musicais para 2016. Segundo os mesmos, produciuse un incremento non número de espazos dedicados a estes ámbitos no noso paÃs, e tamén medrou o número de compañÃas de teatro e danza activas. AsÃ, os espazos escénicos teatrais rexistrados pasaron de 83 en 2015 a 91 no pasado ano, un incremento que se concentrou nas salas cun aforo de entre 200 e 500 persoas, que se incrementaron en catro durante este perÃodo. En canto a espazos para concertos, só se rexistrou un incremento de 30 a 31 no perÃodo estudado. En canto a compañÃas de teatro, a estatÃstica recolle só unha máis no último ano. Os 229 grupos deste tipo supoñen o 6,1% das presentes en todo o Estado. Como dato negativo, esta fonte apunta que o número de festivais teatrais descendeu de 60 en 2015 a 53 no ano seguinte.