Nace Betafest, o festival de videoarte de Betanzos

Celebrarase entre o 9 e o 10 de xuño vindeiros no Cinema Alfonsetti

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Nace Betafest, o festival de videoarte de Betanzos

Un dos cinemas máis antigos do Estado, o Alfonsetti, será o escenario da primeira edición do Betafest. Betanzos estrea festival de videoarte en colaboración con Latamuda e baixo a dirección de Francisco Porto. A nova cita, que se desenvolverá os vindeiros 9 e 10 de xuño, comezará coa proxección de pezas de creadores como Patricia Esquivias, Blanca Gracia, Albert Merino, Nuno Sousa Vieira e Anna Katharina, que amosarán diferentes perspectivas de traballo arredor da videocreación. Na segunda xornada Laura García Calleja, Ana Pérez Valdés, Ignacio Rivoira, Jorge Leonardo Sánchez, Alejandro Villar, Catarina Mosquera Pena, Andrea Torres, André Anta Pereira, Nilo Arias e Xoan Anleo comentarán a proxección das súas respectivas pezas. Unha conferencia de Sol Alonso e a presentaicón do trailer do fashion film El Pasatiempo que pon de relevo este parque, completan a proposta.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Cine

Claves

Conceptos
Lugares