
Segundo explican os promotores, a programación pretende complementar os ciclos de cinema que oferta o concello, de carácter "máis comercial". Deste xito, o clube achegará "filmes de autor e de traballos audiovisuais que normalmente non se poden visionar en salas comerciais".
O documental Estruturas. Pel contra pel de Xosé Antón Bocixa e Paco Gallego, abrirá o vindeiro 28 de setembro o ciclo Cinema daquà co que botan a andar as proxeccións. A este seguirnalles filmes de Xurxo Souto, Marcos Nine, Eduardo Maragoto, ou os premiados Lois Patiño ou Eloi Enciso entre outros. O colectivo anuncia tamén novos ciclos de cinema foráneo, infantil e de animación ou de realizadores e ralizadoras da comarca.