O Cineclub Poleiro regresa á actividade cun filme de Denys Arcand

As proxeccións terán lugar en Goián

6/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O cineclubismo está vivo en Galicia. Non hai máis que ver o número de entidades deste tipo que perviven a día de hoxe. Sen embargo, o caso do Cineclub Poleiro é especialmente peculiar. No 2005, no marco do peche de salas de cine, a entidade quedou sen espazo no que continuar a súa actividade expositiva. Agora, catro anos despois, a asociación recupera a súa activade pero en Goián (Tomiño). A filosofía de traballo non muda e seguirá fiel á súa liña de traballo: filmes de calidade e actual. A nova etapa desta entidade comezou coa proxección do filme A idade da ignorancia, do canadense Denys Arcand.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Filosofía, Tomiño, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)