Espazo Lectura suspende as súas actividades na biblioteca de Gondomar

Continuará cos programas localizados na Casa da Lectura desta localidade

29/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturasociedade
31 lecturas | Compartido 0 veces

A Asociación Cultural Espazo Lectura acordou o pasado venres suspender as actividades infantís que coordinaba na Biblioteca Municipal de Gondomar por mor do enfrontamento que tiña co concello desta localidade. A asociación denuncia que unha reforma na distribución da biblioteca deixou inutilizados os espazos nos que desenvolvía a súa actividade para a infancia. Ademais, reclama desde hai tempo a precariedade na que se atopa a biblioteca municipal, carente de bibliotecarios, de orzamento estable e de espazos diferenciados para distintas actividades. Logo dunha parada provisoria de dous meses á agarda dun posible acordo co Concello e sen ter resposta do goberno local, a asociación acordou suspender definitivamente as propostas que coordinaba neste espazo, ao tempo que renunciou a xestionar os 5.000 euros que o Concello destinaba a este programa.

A entidade leva anos a desenvolver un importante labor de dinamización que lle reportou galardóns como o Irmandade do Libro ou o da Gala do Libro Galego. Para alén das súas actividades nas instalacións municipais, Espazo Lectura anunciou que continuará cos programas que desenvolver na Casa da Lectura, sede da propia entidade.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Espazo Lectura

Claves