Gondomar abre este sábado a Casa da Lectura

O evento coincide coa presentación de Os ollos do Contomar

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Casa da Lectura é un pequeno espazo dedicado á dinamización lectora situado no contorno rural de Gondomar. Situado nunha antiga escola infantil abre as súas portas este sábado coa vocación de artellar actividades semanais de apoio á difusión do libro e de servir de punto de encontro a todos os grupos interesados neste campo. Ao tempo, presentarase o libro Os ollos do Contomar que recolle fotografías de diferentes actividades que organizaron no concello arredor da lectura canda a textos de reflexión sobre este ámbito. A presentación das dúas iniciativas desenvolverase ás 12 da mañá.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Moitas formas de ler

Moitas formas de ler

O orzamento e o apoio político son as principais dificultades dos centros de promoción da lectura

Universos

Claves