Constitúese a Fundación Carlos Velo para divulgar a traxectoria do cineasta ourensán

A súa casa natal en Cartelle será a sede e centro da actividades sobre o audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualPolíticas Culturais
Compartir:
Acto de presentación da Fundación Carlos Velo Foto: FCV

Acto de presentación da Fundación Carlos Velo Foto: FCV

Tras ser aprobado hai case un ano polo pleno do Concello ourensán de Cartelle o inicio do proceso de constitución da entidade e os seus estatutos, por fin ve a luz a Fundación Carlos Velo. A propia alcaldesa de Cartelle, Carmen Leyte, será presidenta desta fundación que ten como obxectivos divulgar a traxectoria vital e profesional do cineasta nacido nesta localidade en 1909 nesta localidade pero que tras exiliarse a México co inicio da Guerra Civil desenvolveu alí unha exitosa carreira, falecendo nese país en 1988. A casa natal do cineasta, que xa fora previamente adquirida polo Concello con este fin, será a sede da fundación que buscará facer dela un referente cultural do eido audiovisual e que terá como presidenta de Honra á neta do cineasta, Laura Gardos Velo. O crítico de cine e profesor universitario; Miguel Anxo Fernández, no cargo de vicepresidente da fundación, ratificou o interese que Carlos velo esperta en foros internacionais e asegurou entender que un dos aspectos máis salientables sobre os que debe traballar a fundación é o documentalismo. Ademais deles na presentación da Fundación Carlos Velo, que se presentou no Liceo de Ourense, tamén estiveron presentes en representación do Padroado o xornalista Xosé Manuel Rodríguez e o xestro cultural Antonio Piñeiro, alén do Presidente da Deputación, Xosé Manuel Baltar. Entre as activades máis inmediatas da Fundación Carlos Velo está a exposición que se presentará en Ourense no outono así como a posible creación dunha bolsa de estudos co nome do cineasta.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Carlos Velo, Fundación Carlos Velo, Manuel Baltar...