María Díaz gaña o Pura e Dora Vázquez de ilustración

A autora levará 1.500 euros e verá publicado o seu traballo sobre a obra Do meu nome e outras trapalladas

12/4/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O xurado do XIV Premio Pura e Dora Vázquez de Narración escolleu a ferrolá María Díaz Serantes como gañadora deste certame na categoría de ilustración. Os responsables da selección deste premio convocado pola Deputación de Ourense destacaron que os traballos da autora "denotan un profundo traballo de debuxo e transmiten a sensación de que detrás delas, hai un gran artista con moita orixinalidade", ademais de sinalar que "os personaxes teñen moita expresión e adáptanse moi ben ao público ao que vai dirixida a obra". Díaz Serantes obterá un premio de 1.500 euros e verá publicado o seu traballo como parte do volume Do meu nome e outras trapalladas, obra coa que Antonio Yáñez obtivo onte Premio Pura e Dora Vázquez de Narración. O xurado estivo presidido polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, e integrado como vogais por José Manuel Fernández López, Carlos Rodríguez Calvo, Mario González Sánchez e Xosé Manuel Cid Fernández, actuando como secretaria Ana María Malingre Rodríguez.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Manuel Cid, Antonio Yáñez, Manuel Doval, Debuxo...

Claves

Conceptos
Lugares