A RAG insta ao Rexistro Civil a admitir a galeguización do apelido "Rey"

A Mesa pola Normalización Lingüística manifestouse onte fronte a delegación do organismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Real Academia Galega emitiu un comunicado sinalando o incumprimento da normativa legal por parte do Rexistro Civil de Corcubión ao negarse a galeguizar o apelido "Rey" por "Rei", por entender que pertencce ao "acervo nacional". A RAG sinala que o argumento do funcionario sitúase "no ámbito das opinións ideolóxicas particulares e non ten base científica nin legal" e reafírmase en que esa mudanza é lexítima desde o punto de vista lingüístico. A Mesa pola Normalización Lingüística organizou onte día 3 unha concentración de protesta diante do organismo.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística, Real Academia Galega, Corcubión