A Mesa pola Normalización cumpre 15 anos no medio do debate normativo

Quince anos coa lingua sobre a Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística celebra os seus quince anos de actividade en favor do galego con publicacións e unha campaña de captación de socios. Mentres, as asociacións e colectivos que apoian a reforma normativa do galego veñen de emitir un comunicado conxunto no que solicitan que Real Academia (RAG) retome a discusión sobre este tema. Mentres, a Asociación Galega de Escritores pronúnciase de novo a faver da reforma na presentación do seu congreso.







Quince anos



A Mesa pola Normalización Lingüística celebra estes días os seus quince anos de existencia coa presentación dunha nova campaña destinada a dar a coñecer a asociación e ampliar o seu número de socios, que actualmente rolda os tres mil.
Ademais desta campaña, a Mesa publicará en breve dous libros, un dos cales recolle a actividade desenvolvida nesta década e media e o outro recompilará textos de diferentes escritores. Ademais, anunciou unhas xornadas de debate e reflexión sobre o estado de normalización lingüística no país.
No acto de presentación da nova campaña, os directivos desta asociación sinalaron que a Mesa reclamará da Xunta a elaboración dun plano para estender o emprego do noso idioma, tal e como prometera o anterior director xeral de Política Lingüística Xseúe Pablo González Moreira. Segundo Xosé Baldomir, vicepresidente a Asociación, Moreira prometera contar don todas as forzas sociais para elaborar este plan, polo que anunciou que tentarán manter unha entrevista con el en canto sexa reelexido no seu posto.
A Mesa pola Normalización Lingüística é unanimemente recoñecida como a principal asociación do país no seu eido e ten desenvolvido destacadas campañas en prol do emprego do noso idioma en todos os eidos.






Comunicado conxunto



Os diferentes colectivos que apoian a reforma da normativa do galego proposta polas universidades e o Instituto da Lingua Galega (ILG) e rexeitada pola Real Acadmia veñen de emitir un comunicado conxunto solicitándolle a esta institución que retome a discusión deste tema.
O comunicado, que é froito dunha xuntanza de catro horas celebrada a tarde do pasado mércores en Compostela, sinal a que existe un problema coa escrita do noso idioma e que urxe solucionalo. Neste sentido Alberte Ansede, ex-presidente da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e un dos promotores da xuntanza, sinalou que "todos os que queremos un futuro para a lingua estamos condenados a entendernos. Así que canto antes sexa, mellor". Tamén recalcou a "práctica unanimidade" que existe arredor desta proposta nos distintos ámbitos culturais.
Na xuntanza estiveron presentes representantes de sindicatos, dos departamentos de galego das tres universidades e do ILG, asociacións a prol da normalización lingüística, agrupacións de escritores, xornalistas e editores e outros colectivos e persoeiros que apoian a reforma.
Logo da redacción deste comunicado agárdase recabar sinaturas de apoio de persoeiros coma Isaac Díaz Pardo, que aínda que non puideron asistir a xuntanza apoian a reforma.
Segundo sinalou Alberto Ansede con esta iniciativa preténdese amosar a disposición destes colectivos para dialogar coa RAG e agarda que ese proceso "non sexa entorpecido". Asimesmo, manifestou a súa esperanza de que esta entidade retome o debate sobre esta cuestión logo da elección da súa nova directiva o vindeiro día vinte.














Escritores pola reforma


A presentación do IV Congreso de Escritores Galegos serviulle á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para recalcar o seu apoio á reforma da normativa.
Segundo sinalaron onte Xosé María Álvarez Cáccamo e Miguel Anxo Fernán-Vello, directivos desta asociación, sinalarona necesidade de chegar a unha nomativa de concordia que remate coas diferentes propostas que existen para a proposta do noso idioma.
Segundo os dous escritores, o debate sobre os termos concretos en que se debe concretar este acordo debe corresponderlle ós técnicos, e lembraron as escasan modificacións que introducía a reforma propostas polo ILG e as tres universidades e o amplo apoio que recibiu desde o mundo da cultura.