A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela acolle ás 19.30 horas de hoxe a presentación de Fóra de mapa, a obra co que Emilio Fonseca gañou o XI Premio Castelao de Banda Deseñada. A Deputación da Coruña, entidade que convoca o premio, corre tamén coa edición do volume, unha historia de conspiracións e asasinatos ambientada na Venecia do século XV e que "amosa unha Europa en plena transformación, cando entre mapas, publicacións, obxectos preciosos, comercio internacional e escravismo ensáianse algunhas das bases do capitalismo global que chegará ata os nosos días", segundo explica a presentación do traballo.
O autor, o ourensán Emilio Fonseca, naceu en 1978 e licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid. Ten traballado no ámbito do vídeo, a animación, a ilustración ou o deseño. Ademais é fundador da produtora Walkie Talkie Films e dirixiu o documental Queimar o monte. Canda ao autor, o acto contará coa presenza de Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación e de Miguelanxo Prado, coordinador do premio.