Unha nova ferramenta para o sector profesional das artes escénicas ven de ser presentada hoxe por representantes da Federación Estatal de Asociaciones de Empresas de Teatro y Danza (FAETEDA) e por Belén Pichel da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega. Chivatos é o nome desta base de datos en liña que conforma o Mapa EstatÃstico sobre a evolución semanal das artes escénicas e musicais en España. Este programa informático recollerá os datos por sesións de teatros, espectáculos, aforo, espectadores e recadación das artes escénicas e musicais en en recintos opúblico e privados de todo o Estado. A actual dispersión e dificultade en atopar e reunir dataos estatÃsticos sobre o sector ou mesmo relativos a cada teatro ou obra foi o que motivou a FAETEDA a iniciar este proxecto que requirirá da colaboración de empresas teatrais e recintos para completar as bases de datos e que poderá servir despois de ferramenta de consulta de cada un dos axentes que participe no proceso, fornecendo mesmo de informes e estatÃsticas de situación con periodicidade semanal. Poderá servir pois para facer consultas do histórico de datos por recinto e espectáculo, da evolución dos datos do sector, datos agrupados por conceptos e resumos estatÃsticos.
O proxecto e o seu proceso foron presentados hoxe a representantes das empresas asociadas a Escena Galega, asà como a programadores dalgúns dos recintos máis importantes e da Axencia Galega de Industrias Culturais. Nunha primeira fase será a propia FAETEDA a que vai incorporando á base os datos que as compañÃas e teatros que se adhiran vaian proporcionando ou será a través de entidades vencelladas como Escena Galega, pero o obxectivo futuro é unha incorporación directa de datos destes axentes a Chivatos para asegurar a súa viabilidade en longo termo. As fichas dos espectáculos inclúen especificacións que permitirán despois consultas detalladas, tanto por idioma, idade do público (Adulto / Infancia e xuventude) ou por xéneros, ofrecendo nove criterios diferentes para o teatro, oito para a danza e catorce para as actuacións musicais.Ademais haberá información sobre cada sesión que indique o aforo o número de entradas vendidas, as invitacións profesionais e a recadación . Esta é a primeira presentación territorial que se fai desde FAETEDA desta ferramenta na que xa están inserindo información teatros privados da asociación madrileña ARTEM, os da rede do INAEM e outros recintos. Desde a representación de AGADIC ofreceuse a posibilidade de organizar en xuño unha reunión con representantes das salas da Rede Galega de Teatros e Auditorios para que FAETEDA presente o proxecto Chivatos.