
Un "traballo impecable, sen imaxes superfluas nin editorializantes". Asà definiu o xurado do XIII Play-Doc de Tui o filme
Ama-San, que foi galardoado este sábado co premio do festival de documentais. O primeiro filme da portuguesa Cláudia Vairejão logrou, segundo a acta de concesión do galardón, "condensar o que calquera cineasta desexa retratar, a través dunha extraordinaria fotografÃa, un ritmo pausado e un modesto control, que encaixa perfectamente co recoñecemento aos seus protagonistas". Carmen Gray, Jake Perlin e Philippe Azoury foron os responsables de realizar a selección entre os cinco filmes a concurso, e sinalaron a dificultade que supuxo escoller a gañadora.
Omar y Gloria, de Jimmy Cohen,
Le Concours, de Claire Simon,
Libera Nos (Liberami) e
El futuro perfecto, de Nele Wohlatz eran os outros filmes que competÃan polo premio. O filme vencedor narra a historia de tres mergulladoras xaponesas que se dedican á extracción de orella de mar.