O filme francés La lampe au beurre de Yak (A lámpada de manteiga de Yak) foi o gañador do Festival Internacional de Curtametraxes (FIC) de Bueu. O produtor da cinta, Julien Féret, recibiu da man do alcalde da localidade un premio de 2.000 euros. O segundo premio do xurado foi para outra produción francesa, La Fuge. O premio do público foi para o filme Meu amigo Nietzsche, do realizador brasileiro Fáusto da Silva. 3-1=0 resultou a mellor curta galega, realizada por Juan Galiñanes.