O sector editorial galego participará en 2017 cun stand propio nas feiras de Boloña (do 3 ao 6 de abril), Buenos Aires (do 25 de abril ao 15 de maio), Frankfurt (do 11 ao 15 de outubro) e a cita mexicana de Guadalaxara (do 25 de novembro ao 3 de decembro) e na feira Liber, que este ano se celebra en Madrid co gallo da súa 35ª edición. Asà se explicou nun acto conxunto entre o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez González, a presidenta da Federación de LibrarÃas de Galicia, Pilar RodrÃguez, o vicepresidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no que presentaron onte no Gaiás o calendario das Feiras do Libro de Galicia 2017 -que xa se coñecÃa desde o pasado febreiro- e anunciaron as feiras internacionais nas que vai participar o sector editorial co apoio do Goberno galego.
Desde a Federación de LibrarÃas de Galicia explicouse que a tendencia que ofrecen os datos das feiras de libro novo realizadas o pasado ano é positiva. En concreto, respecto a 2015, no 2016 houbo un aumento dun 43% nas actividades realizadas entre presentacións de libros, sinaturas, eventos infantÃs e outras actividades culturais complementarias. Ademais, de 2015 a 2016, pasouse de 202 a 213 librarÃas e entidades participantes e de 863 a 926 profesionais involucrados. Asà mesmo, durante o 2016, rexistrouse un incremento dun 9% de visitantes en comparación con 2015, pasando de 419.000 a 457.000.