O desencontro entre a Xunta e o sector do libro sobre a retirada da participación institucional da ConsellerÃa de Cultura nas feiras internacionais do libro (agás a de Bos Aires) terá mañá venres un novo episodio, talvez reconciliador, coa reunión entre ambas partes. A ConsellerÃa de Cultura convocou á Asociación Galega de Editoras (AGE) a este encontro no que segundo Henrique Alvarellos, Vicepresidente da AGE, a asociación irá "a escoitar o que nos propón". Desde a outra parte da mesa Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, considera que a administración parou as contratacións públicas para asistir ás feiras en base a unha postura tomada polos editores que eles lles transmitiron en novembro pero que agora "parece ser que hai matices sobre esa postura e imos quedar para volver a comentar a cuestión e ver un pouco eles que é o que finalmente van facer e en función diso tomaremos unha decisión", declarou Lorenzo a preguntas deste medio.
Desde a AGE agardan "que se poida reconsiderar a postura de non acudir a esas feiras, fundamentalmente a Liber (Barcelona) e Frankfurt", consideradas as máis interesantes para o sector. Para a feira de Bolonia, que vai ter lugar en marzo, AGE estará presente cos seus recursos propios e os das editoras que decidan ir. Para as outras, que se celebran en outubro, agardan un cambio na decisión da Xunta para o que cren que "hai marxe para este ano". Pero para o Secretario xeral a esta altura de ano é difÃcil facer unha contratación pública aÃnda que non descarta poder facer algo e agarda á reunión para "coñecer de primeira man que é, ou cales son eses matices ou eses malentendidos que houbo e poder saber que é o que se pode facer." Desde a AGE teñen claro que o que se precisa é "unha liña de colaboración real coa Asociación para que esa promoción exterior, internacionalización ou como lle queira chamar sexa efectiva, sexa produtiva para o sector e para todos", di Alvarellos.
A pesares de que desde a Asociación de Escritoras e escritores en Lingua Galega (AELG) reclamaron tamén a reconsideración da decisión da ConsellerÃa e tomar parte nas decisións sobre as citas exteriores da industria editorial, dos axentes do sector presentes no Consello Asesor do Libro só a AGE esta convocada a esta reunión xa que, segundo afirmou Anxo Lorenzo, esa é "a entidade coa que temos interlocución por moitos temas vinculados ao eido da edición entre eles as feiras internacionais".