A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentaron a publicación RosalÃa de Castro. Autógrafos poéticos, que recolle os manuscritos salvados da queima ordenada por RosalÃa de Castro do seu material literario. "Esta colectánea achega versos e fragmentos que permiten completar a obra poética da autora e entender mellor algúns dos poemas coñecidos", destacou o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero. Henrique Monteagudo, secretario da Academia e editor, advertiu que os materiais recompilados "permiten botar unha ollada nova sobre os procesos de creación, edición e difusión da obra poética de RosalÃa, procesos mal coñecidos e que presentan moi significativos interrogantes, como pode ser o propio papel de Manuel MurguÃa". Por outra banda, Galaxia acaba de editar a biografÃa RosalÃa de Castro. Cantos de Independencia e LIberdade (1837-1863), preparada por MarÃa Xesús Lama. Segundo a editorial, a biografÃa clara aclara sombras e desminte tópicos sobre algúns aspectos menos coñecidos da escritora. MarÃa Xesús Lama cuestiona neste libro "a teorÃa de que a poeta escribe, publica e se relaciona co mundo cultural por mediación de MurguÃa".