Un proxecto de Jorge Salgado e Celso López recuperará a Panificadora de Vigo

A antiga fábrica transformarase nun complexo cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:

O xurado encargado de seleccionar o proxecto arquitectónico para a recuperación da Panificadora de Vigo e do seu contorno deu a coñecer esta mañá a proposta que seleccionou entre as 34 presentados en forma. Finalmente será o deseño dos arquitectos Jorge Salgado e Celso López o que transformará este espazo industrial en ruínas. O xurado destacou a integración que a proposta destes arquitectos polo seu grande respecto polo contorno da fábrica, ademais de conservar todos os edificios existentes e no incrementar a edificabilidade da área. As obras previstas afectarán a un total de 14.000 metros cadrados e permitirán instalar neste complexo a nova biblioteca estatal así como un coworking, espazos para a danza e a música ou o Centro de Innovación Gastronómica.

Os gañadores recibirán 50.000 euros polo proxecto e 75.000 euros adicionais para a redacción da planificación de todo o ámbito urbanístico da Panificadora. O Concello ten previsto un investimento 2,5 millóns de euros para desenvolver o proxecto ao longo deste ano, mentres o Consorcio da Zona Franca prevé investir catro millóns máis.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Danza

Claves

Conceptos
Lugares