A fábrica da Cros de Culleredo será un centro cultural

Dous millóns de euros permitirán recuperar esta icona da arquitectura industrial

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Está considerada toda unha icona do concello e é un destacado elemento do patrimonio industrial galego. A deteriorada fábrica da Cros, en Culleredo, transformarase nun centro cultural mercé ao investimento de dous millóns de euros que anunciaba esta mañá a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride. No convenio que o seu departamento asinou co Concello, acórdase que a corporación local achegará o proxecto de edificio e xestionará o centro unha vez rematado. As primeiras tarefas que se desenvolverán serán a descontaminación da área. O custe total da recuperación, coa construción dun auditorio e dunha biblioteca estímase nuns 11,7 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culleredo, Arquitectura

Claves

Conceptos
Lugares