Dosier: Patrimonio industrial

Comezan os traballos para recuperar a fábrica da Cros en Culleredo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Concello de Culleredo vai adxudicar esta semana os traballos para iniciar a descontaminación do chan e a consolidación da fábrica da Cros, orzamentados en 3,8 millóns de euros. Hai xa un ano que se anunciaba o convenio para transformar este edificio, agora en ruínas, nun centro cultural que albergará unha biblioteca e mais un auditorio. De non haber complicacións no proceso, o Concello agarda que as obras comecen entre marzo e abril e que o proxecto estea rematado no primeiro semestre de 2011. Coñece máis sobre a recuperación do patrimonio industrial galego no noso dosier.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Culleredo, Culturagalega, Allariz