O Museo Interactivo de Lugo incrementa o seu orzamento a 9,4 millóns

O concello investirá 2,4 millóns do Fondo Estatal de Investimento Local neste proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O proxecto do Museo Interactivo da Historia de Lugo contará finalmente cun investimento de 9,4 millóns de euros, fronte aos 6,9 previstos. O Concello decidiu sumar a este proxecto 2,4 millóns dos 10,3 que lle corresponden do Fondo Estatal de Intervención Local. En concreto, e segundo adianta El Progreso o concello prevé destinar este novo investimento a dotar de contidos o centro e mais ás obras para axardinar a parte dianteira do edificio. Está previsto que o Museo abra as súas portas o vindeiro ano.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Interactivo da Historia de Lugo, El Progreso