Polémica polo derrubamento da Fábrica de Lapis en Ferrol

Arquitectos e defensores do patrimonio industrial reivindican o valor deste edificio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A pasada semana comezaban as obras de demolición das antigas instalacións de Hispania, coñecida como a fábrica de lapis no Ferrol. Coa cheminea do conxunto a medio derrubar, parte da fachada principal elmininada e cos traballo en marcha para acabar co edificio de oficinas, continúan a se erguer voces que se opoñen á desaparición deste edificio. Nun encontro que se celebrou onte no Colexio de Arquitectos de Galicia da cidade, investigadores como Alfredo Vigo ou José María Cardesín salientaron a importancia do local na configuración do casco hitórico de Ferrol, declarado Ben de Interese Cultural, e chamaron á conservación dos elementos máis singulares do complexo.

Para mañá ás 19:30 horas está convocada unha concentración diante da factoría para protestar polo derrubamento. Desde o Colexio de Arquitectos de Ferrol, Manuel romero apuntou que agardan o pronunciamento da Consellaría de Cultura sobre o recurso que presentaron contra a demolición, e que non desbotan emprender accións legais contra o Concello por proceder á mesma.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Ben de Interese Cultural, Colexio de Arquitectos de Galicia, Vigo