As obras de construción do templo da Veracruz, proxectado por Antonio Palacios, déronse por rematadas en 1962. Pero quedaban numerosos detalles inacabados con respecto das previsións iniciais que fixeron que o edificio se fora deteriorando co paso do tempo. Por iso, a Consellaría de Cultura acaba de anunciar a vindeira axudicación dunha actuación rehabilitadora nese edificio por importe de 252.500 euros. Tal e como explica a nota de prensa deste departamento, “a actuación centrarase na torre, para garantir a conservación adecuada dun dos elementos máis característicos” deste monumento declarado Ben de Interese Cultural.
Cultura destina 252.500 euros a recuperar o Templo da Veracruz no Carballiño
O edificio, proxectado por Antonio Palacios, é Ben de Interese Cutural
16 lecturas | Compartido 0 veces