A última obra de Chévere, Hero.es chega á sala Nasa de Santiago.

Heroes en Compostela

Un marco temporal indefinido. Uns individuos insconscientes e acomodados son os únicos que aínda non atoparon o sentido da vida. E entón chega unha carta que modifica a súa existencia. Aproximadamente este é o argumento de Hero.es a obra realizada porla compañía Chévere en colaboración co grupo vola Tristáns.

Unha posta en escea innovadora



Ademais da orixinalidade temática, Hero.es tamén destaca pola súa innovación técnica. A obra organízase en secuencias independentes con entidade, organización e desenvolvemento propios, sen conexión entre elas. Ademais, a constante interacción de actuación e canto, con toques de humor e caos constante que permiten enlazar pezas tan dispares coma un cabaret, un monólogo calderoniano ou un sainete.


Chévere e Tristáns


O grupo teatral Chévere, con sé na Sala Nasa de Composetela, ven desde hai anos destacando no panorama teatral galego pola súa orixinalidade e bo facer. Cunha linguaxe humorística e esperpéntica e achegándose a medios coma a banda deseñada ou o cinema, busca unha conexión co público alén da teatral.
Pola súa banda, Tristáns é un quintetoto vocal "a capella" que xorde nas Ultranoites da Nasa. Mesturando estilos, improvisando e sempre con moito humor, o que nacera coma un entretemento temporal está a converterse nunha das propostas máis innovadoras da escea galega.


Cando e como

Hero.es estará na nasa os días 18,19, 20, 25, 26 e 27 ás dez da noite e os días 21 e 28 ás once. Os prezos oscilan entre as 1.000 ptas e as 350 para "tripulantes" asociados á sala.