Descubren unha fotografía inédita de Rosalía de Castro

Apareceron ademais unha carta de Fernán Caballero e un manuscrito da autora

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Fotografía inédita de Rosalía de Castro

Fotografía inédita de Rosalía de Castro

Un exemplar de Cantares gallegos ao que se lle engadiron varias páxinas nas cales se atopa unha fotografía inédita de Rosalía de Castro, unha carta de Fernán Caballero á autora e un manuscrito do comezo do poema que inicia o libro. Este é o achado que presentaba esta mañá Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, en compañía do director xeral da Fundación Barrié, Javier López. A imaxe agora descuberta está datada aproximadamente en 1863, mentres que a carta é unha copia manuscrita da que Caballero lle enviou á autora, da que se sabía a existencia pero cuxo orixinal estaba desaparecido.

A Fundación Barrié financiou a adquisición do volume que estaba en mans dun particular da zona de Vigo, e os fondos inéditos agora recuperados pasarán a se integrar na mostra No principio foi o verso que comisaría Pepe Barro, quen tamén participou na presentación desta mañá, e que está actualmente en itinerancia. Segundo investigacións do propio Angueira, o primeiro propietario do libro puido ser Ramón Segade Campoamor escritor e amigo de Rosalía e Murguía.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Fotografía, Fernán Caballero, Fundación Barrié...