Sensacional volve Desde el limbo

A xira de presentación do novo traballo comezará o 7 de abril na Sala Mardi Gras

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Sensacional volve Desde el limbo

Logo do éxito do seu primeiro traballo, que os levou a tocar en festivais como Portamérica, Gijón Sound, Contempopránea ou Noroeste, a banda coruñesa Sensacional apostou polo crowdfunding para lanzar o seu segundo traballo. O pasado 21 de febreiro vía a luz Desde el limbo, dez novos temas nos que o pop guitarreiro do grupo acada novas cotas de calidade. Sons intensos e arreglos moi coidados crean atmósferas complexas para acompañar letras cunha importante carga poética. Os estudios Bonham da Coruña acolleron a gravación do traballo, que conta con produción de Sensacional e José Martínez. A xira de presentación comezará o vindeiro 7 de abril na Sala Mardi Gras da Coruña no marco do ciclo Son Estrella Galicia.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Estrella Galicia, Portamérica, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)