
A resposta posibilitará inicialmente un apoio económico para o mantemento destas salas durante este perÃodo de inactividade e incluso servirá para axudar nos gastos de peche da sala Bâbâ nun exercicio de solidariedade cara a propietaria deste xa desaparecido local. Ademais de contribuÃr a evitar máis peches na cidade a AC República Musical Mardà Gras participará, cando a actividade musical volva ser posible, coma un socio promotor ou patrocinador en determinados concertos, aminorando asà os riscos económicos derivados da volta á programación ou de poder poñer en cartel actuacións musicais talvez minoritarias pero que aseguren unha aposta pola calidade na oferta da cidade. Entre outras das moitas actividades que contemplan promover están as residencias artÃsticas, a colaboración con artistas para posibilitar a gravación e edición de material discográfico ou audiovisual; a realización de actividades de prevención e concienciación sobre os problemas auditivos que poden derivarse da escoita de música en determinadas condicións; a organización de viaxes a concertos, festivais ou outros eventos relacionados coa música ou accións e actividades culturais cuxo obxectivo sexa facilitar as relacións sociais e evitar a sensación de soidade dos individuos, coma consta nos seus estatutos.
A idea da asociación era previa á situación pandémica e xa desde o 18 aniversario da sala rondou a cabeza de Tomás Legido, programador da Mardi Gras, socio da empresa 10d10 e xestor cultural. Foi xustamente ante a incerto do momento para a supervivencia da sala e polas preocupacións e ánimos recibidos do seu entorno nese sentido que despois do confinamento decidiron concretala. A acta de constitución está fechada o pasado 4 de xullo pero quixeron agardar ata este aniversario para dala a coñecer publicamente e abrirse a novos asociados. Tras dun proceso de estudo doutras asociacións similares crearon uns estatutos con fins amplos nos que puidesen encaixar ideas de actividades culturais de calquera disciplina artÃstica, máis alá do puramente musical chegando ao audiovisual, deseño gráfico, fotografÃa, ilustración, etc. Ademais a asociación inscribiuse cun alcance para toda a comunidade, o que supón unha expansión posible da marca Mardi Gras por todo o territorio e fai posibles as súas actividades en calquera outra poboación galega xa que, a pesares do seu nome e a evidente relación coa sala coruñesa a actividade da asociación non pretende estar necesariamente limitada ao espazo fÃsico da Mardi Gras. O que si pretende, en calquera caso é que, de chegar tempos peores para este local o seu nome perdure, en calquera caso Legido quere asegurar que arestora non está sobre a mesa un peche de portas permanente da sala, grazas á renovación do contrato de patrocinio por parte da empresa Estrella Galicia, xa que na empresa aÃnda non entraron axudas por parte de ningunha administración tras todos estes meses de inactividade, tan só os traballadores puideron beneficiarse dos ERTE correspondentes.