Sensacional debuta co disco Relatos e invenciones de hoy

A sala Mardi Gras da Coruña acolle o concerto de presentación o vindeiro 7 de novembro

6/11/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Doce temas encadrados no pop-rock indie compoñen Relatos e invenciones de hoy, o disco de debut da banda coruñesa Sensacional. Letras coidadas que falan da vida cotiá pasada por un filtro pop e unha grande presenza de guitarras son os sinais de identidade da banda. Ricardo Saavedra (voz e guitarra), Ramón Alonso (guitarra e coros), Alejandro González (hammond, rhodes e sintetizadores), Javi Garrido (baixo) e Alberto Dopico (batería)compoñen este proxecto, nado hai un ano e que presenta agora o álbum baixo o selo La Fiambrera. A sala Mardi Gras da Coruña acolle este venres 7 de novembro o concerto de presentación no marco do ciclo Son Estrella Galicia.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Identidade, Rock, Estrella Galicia...