Rafael Cid, delegado de TVE en Galicia, foi claro: "todo cambiou e todo se acelerou nestas tres décadas". É o tempo que pasou desde que Televisión Española emitira en 1984 Arte y tradicinoesl populares, unha serie de 29 capítulos de 15 minutos cada un, rodada en cine, por todas as esquinas do noso país. Coa dirección de Julio Sánchez-Andrade e a asesoría de Pedro de Llano, o arquitecto que editara recentemente un tratados sobre a arquitectura popular de Galicia, aquela serie foi única no seu formato e obxectivos en todo o Estado.
Televisión Española en Galicia dixitalizou a serie e desde hai unhas semanas está colgada na Televisión Á Carta que o ente público ten en Internet. Pedro de Llano sinalou que el decidira aproximarse á arquitectura popular "na procura da modernidade, como Le Corbusier". El decidira percorrer toda a xeografía galega documentando a súa arquitectura e acadou o principal compendio, en primeiro lugar, impreso sobre o hábitat galego.
Posteriormente, en 1996, o proxecto Terra recuperou estes vídeos e convertiunos en cinco vídeos cun formato diferente e unha narración distinta, destinados aos colexios de Galicia, e valeron para traballar con eles cos estudantes malia as dificultades. Segundo Xosé Manuel Rosales, "a arquitectura popular galega non está incluída na educación", pero estes materiais valeron para sensibilizar aos alumnos. "Hoxe podemos dicir que hai unha copia destes documentais, reducidos a cinco vídeos, en cada un dos colexios de Galicia".
Nos episodios, o espectador pode viaxar por arquitecturas rurais, vilegas e urbanas, entendendo a racionalidade das construcións traicionais do país.