Reeditan o emblemático libro de Pedro de Llano Arquitectura Popular en Galicia

Foi publicada por primeira vez en 1981 e 1983

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Reeditan o emblemático libro de Pedro de Llano Arquitectura Popular en Galicia

Entre 1981 e 1983 editouse por primeira vez Arquitectura Popular en Galicia, o enorme traballo en dous volumes que compilou as diferentes fórmulas arquitectónicas tradicionais de Galicia. Agora, o Colexio Oficial de Arquitectos reedita o libro realizando unha revisión lingüística para axeitalo á normativa vixente, o tratamento dixital de todas as imaxes. O principal cambio realizouse na serie de televisión de TVE que, no seu tempo, acompañara a publicación do libro. "O valiosísimo e, en moitos casos, irrepetible contido destas imaxes", sinala o Colexio Oficial de Arquitectos, "levou a recuperalas dos arquivos e facer unha nova montaxe dentro do convenio que ambas entidades asinaron no marco do Proxecto Terra". A nova edición será presentada hoxe xoves 19 de decembro ás 20 horas na Delegación do COAG da Coruña.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Pedro de Llano, COAG, TVE...