O Colexio de Arquitectos presenta “SC+a”, unha publicación que quere ser un punto de encontro para estes profesionais

Edicións arquitectónicas

17/9/2003 | Santiago. Redacción. | Seccións: Arte
11 lecturas | Compartido 0 veces
A delegación en Compostela do Colexio de Arquitectos de Galicia, COAG, presentou onte “SC+a”, unha nova publicación periódica que pretende servir coma unha ferramenta máis para os traballadores da arquitectura e do urbanismo. Ademais pretende dar difusión pública ao COAG e servir como foro de discusión para problemas coma a vivenda, a ordenación territorial, a desertización rural ou a conservación do patrimonio arquitectónico. A nova publicación sairá á luz cada catro meses e distribuirase de xeito gratuíto.

Máis información en La Voz de Galicia

Universo culturagalega.gal