Adán Jorge continúa carreira con Nada queda

O cantautor lucense engade funk ás influencias brasileiras no seu segundo álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Adán Jorge continúa carreira con Nada queda

A sala Belmont da Coruña acollía o pasado día 4 o concerto de presentación de Nada queda. O cantautor lucense Adán Jorge segue a súa carreira cun novo álbum autoeditado no que engade toques funk ás influencias brasileiras do seu primeiro traballo. Tres anos despois daquel Abundancia, Jorge rodeouse de Adrián Solla, ao teclado e o piano, Paulo Silva, á percusión, e Alberto Rodríguez a se encargar do baixo para gravar ao vivo os oito novos temas.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves