Fernando Tato presenta Aún más animal en mi

O músico reedita o seu primeiro traballo a incluír pezas audiovisuais e novos contidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Fernando Tato presenta Aún más animal en mi

Un ano despois de presentar El animal en mí, o cantautor e actor naronés Fernando Tato volve á carga e reedita aquel primeiro álbum. Aún más animal en mi completa os temas daquel debut a achegar demos, directos, vídeos, material inédito e o documental do concerto que deu o artista o pasado mes de marzo na compostelá Sala Capitol. O álbum está marcado por cancións sobre o amor e o desencontro, e sae como o anterior da man do selo Granja Beat. Logo do lanzamento da edición física este 21 de outubro, a partir do vindeiro 24 estará dispoñible o álbum na versión dixital.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Sala Capitol

Claves

Entidades
Conceptos