A xustiza paraliza a liña de alta tensión que ameazaba a fraga de Catasós

O concello de Lalín presentara un recurso para negar a licenza

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Unha maxistrada do xulgado número 3 de Pontevedra dictou sentenza pola cal ditaminaba que o concello de Lalín non pode emitir unha licenza de obra para que Fenosa constrúa unha liña de alta tensión que afecte á Fraga de Casas Vellas (Catasós). O proxecto da compañía eléctrica espertara unha gran mobilización social en Lalín e na comarca do Deza en favor desta fraga na que se conservan un gran número de árbores autóctonas centenarias e que ten a categoría de Monumento Natural outorgado pola Xunta.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Lalín, Fenosa, Deza, Pontevedra