A xustiza paraliza a licenza de obra do Parador de Monterrei

O concello de Monterrei e Turismo de Galicia recorrerán a sentenza

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a licenza de obra do parador de Monterrei, xa que se construíron doce habitacións no canto das dez que, segundo este tribunal, deberan ser feitas como máximo. A diferencia está na interpretación do conxunto de edificios. Para o concello e Turismo de Galicia, o Parador está ubicado nun conxunto de edificios de épocas distintas e propietarios diferentes. Sen embargo, para os xuíces, trátase dun monumento no seu conxunto e, polo tanto, a licenza debe ser aplicada con independencia do número de edificios que o constitúan que, neste caso, serían dez habitacións. Concello de Monterrei e Turismo van recorrer a sentenza. A sentenza é un chanzo máis na secuencia de procesos xurídicos abertos tralo anuncio da cesión do edificio para uso de Paradores.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterrei, Turismo, Turismo de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares