A Feira do Libro conta cunha importante presencia de librerías especializadas en BD.

BD na Feira do Libro

A Feira do Libro que desde este mes e durante todo o verán percorrerá a xeografía galega conta nesta edición cunha importante presencia de librerías especializadas en BD.




Catro dos vintecatro postos de venda que ocupan librerías e editoriais, están ocupados por librerías especializadas neste xénero. Trátase dos postos das veterás Librería Paz de Pontevedra e Kómic de Compostela, e as máis modernas Tanxencias da Coruña, e A Gata Tola de Compostela.



Ata esta edición a presencia de librerías deste tipo na feira estaba substentado case exclusivamente por Kómic e Paz, as primeiras librerías especializadas de Galicia con catorce anos de vida. A presencia de Tanxencias veu sendo esporádica desde a súa creación hai cinco anos, e A Gata Tola é a primeira vez que se achega a este evento logo da súa inauguración hai apenas cinco meses en Compostela.



Nos seus mostradores pódese atopar un pouco de todo. Desde as coleccións máis habituais de banda deseñada americana ata edicións orixinais e números atrasados. E, non o esquezamos, todo co 10% de desconto que corresponde a todas as compras realizadas na feira.