O concerto co que comezou da xira de trinta aniversario de Luar na Lubre, este 28 de xaneiro en Compostela, foi tamén o de despedida de Paula Rey como vocalista logo de seis anos. O conxunto que capitanea Bieiro Romero acaba de anunciar a remuda do cantante. A coruñesa Belém Tajes será a quinta voz no conxunto folk, e estrearase de xeito oficial no concerto que a banda ten previsto para este venres 3 de xaneiro en AlmerÃa. Sevilla, Granada, Madrid, Ponferrada e Porto serán as seguintes etapas dun tour que prevé recalar na Coruña a coincidir coas vindeiras festas de MarÃa Pita e en Pontevedra o vindeiro mes de xullo. Guanajuato, Miranda de Ebro, Valladolid, Barcelona, Lisboa,Barakaldo, Cáceres, Albacete, Castelló e Logroño son outras paradas xa confirmadas nesta xira. Tajes, especialista en musicoterapia, ten participado en formacións como Voodoo e Sisters in the House, e o pasado ano participou no proxecto de intercambio entre músicos en linguas minorizadas Tosta Cultural Cargo.