Quiosco: Cómaros 2

O pensamento de Chao Rego ou a obra en galego de Lorca son algúns dos temas que trata a nova entrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Quiosco: Cómaros 2

Cómaros. Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego acaba de publicar na rede o seu segundo número. Un total de cinco artigos compoñen esta nova entrega, que repasa, segundo informa o xornal da Universidade de Vigo, temas como "a teoloxía de Chao Rego, a obra en galego de Federico García Lorca, a contraposición entre imaxinación e innovación, as artes plásticas galegas durante a Guerra Civil e a obra Shola y Angeliño, de Bernardo Atxaga". David Casado, profesor da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, e Juan R. Coca, do Gir Trans-Real Lab da Universidade de Valladolid dirixen a revista, que conta neste número coas sinaturas de Manuel Rivas García, Rebeca Baceiredo, Luciano Rodríguez, Javier I. Senín Álvarez Patricia Arias. A revista pódese consultar de xeito íntegro na rede.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cómaros 2

Otero Pedrayo protagoniza o segundo número da Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego

Quiosco: Andaina 64

Quiosco: Andaina 64

A revista de pensamento feminista inicia unha nova época co seu novo número

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lorca, Bernardo Atxaga, Federico García Lorca, Rebeca Baceiredo...