O Pleno da Corporación da capital galega aprobou unha declaración institucional para instar ao Ministerio de Fomento e a AENA a cambiar a denominación do aeroporto de Santiago, para que pase a chamarse Aeroporto Internacional RosalÃa de Castro-Santiago de Compostela-Lavacolla. O texto foi pactado polos catro grupos da Corporación municipal, partindo dunha moción presentada por Compostela Aberta que tiña o apoio da Real Academia da Lingua e a Fundación RosalÃa de Castro. O presidente desta última entidade, Anxo Angueira, estivo presente na sesión plenaria. A declaración avoga porque este cambio de denominación teña efecto dende o 24 de febreiro, DÃa de RosalÃa, e nun ano no que ademais se conmemora o 180 aniversario do nacemento da escritora. Tamén se ofrece a AENA e á Fundación Enaire a colaboración do Concello para promover a figura e obra de RosalÃa de Castro e doutras moitas figuras literarias vinculadas coa cidade e as letras galegas. Por último, a declaración institucional propón a inclusión de contidos culturais e literarios sobre a vida e obra de RosalÃa de Castro nos convenios subscritos cos operadores aéreos con actividade en Lavacolla para a promoción da cidade e de Galicia, para dalos a coñecer entre os e as visitantes.
A declaración institucional acordada por Compostela Aberta, PP, PSOE e BNG sinala que "RosalÃa de Castro é a figura galega con maior recoñecemento interno e externo da nosa cultura", e o mellor sÃmbolo para proxectar ao mundo a imaxe de Santiago de Compostela e de Galicia. Ao tempo, sinala que o aeroporto de Lavacolla é o edificio público da cidade máis acaÃdo para honrar á escritora. En declaración feitas polo Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, este afirmou que "o nome de RosalÃa de Castro é indiscutible. Non hai mellor nome posible para un aeroporto. Para a cultura galega é unha embaixadora extraordinaria. Desde o concello faláronos desta proposta e imos levala a que se debata no Plenario da institución e agardamos que este a apoie". Asà mesmo Ramón Villares recordou que "é bastante común no mundo internacional que os grandes edificios teñan nomes singulares e se hai un nome consensuado e importante en Galicia é RosalÃa de Castro".