Quiosco: revista OLGa número 1

Defínese como unha revista de poesía galega en Madrid

19/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
32 lecturas | Compartido 0 veces
A revista OLGa de poesía galega en Madrid foi un dos últimos soños literarios de Sabino Torres, o editor responsable da primeira colección poética en galego na posguerra. A revista está realizada por tres poetas: Vicente Araguas (director), Rafael Yáñez (subdirector) e Manuel Pereira (secretario) e o seu primeiro número dedicouse ao grupo Bilbao, un grupo dunha vintena de poetas galegos que se reunían en Madrid no Café Comercial.

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Conceptos
Lugares