A revista The Barcelona Review dedica unha serie ás poetas galegas contemporáneas

Mulleres poetas ‘review’

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A revista en rede The Barcelona Review, un espazo dedicado á literatura contemporánea que se presenta con diferentes versións en varios idiomas comezou a publicar no seu número de xullo-agosto da edición en castelán unha serie dedicada ás autoras da poesía galega contemporánea. Baixo o xenérico "Galicia, mujeres poetas" a antoloxía iníciase con Chus Pato e María do Cebreiro, poetas das que se proporciona un apunte bio-bibliográfico e varias mostras do seu traballo en diferentes etapas. Os poemas publícanse no seu orixinal en galego acompañados dunha tradución ao castelán. A revista di da poesía escrita por mulleres en Galicia que é “un dos casos máis singulares e atractivos do panorama poético actual”. Nas vindeiras entregas da revista a serie seguirá afondando no coñecemento doutras autoras galegas. Tras desta serie áchase Judit Amazares, colaboradora da revista que estudou materias de literatura galega na Universitat de Barcelona.

Máis información en The Barcelona Review

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O desembarco inglés

O desembarco inglés

A presenza da literatura galega na lingua de Shakespeare multiplicouse no último ano

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Mulleres, Literatura, Poesía...