O noveno tomo da Antoloxía da Literatura Galega da Universidade de San Petersburgo dedícase á poesía feminina do século vinte

Compañeiras en ruso

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O centro de Estudios Galegos da Universidade de San Petersburgo ven de editar o noveno tomo da Antoloxía da Literatura Galega que está publicando desde 1995 a cargo de Elena Zernova (seleccionadora e editora). En anteriores tomos esta antoloxía bilingüe xa estudou a poesía dos trobadores, a poesía do século XX organizada en diferentes tramos temporais, a poesía popular e os contos das narradoras galegas. Neste tomo preséntase un panorama histórico da poesía feminina galega do século XX a través de 24 poetas, das que se presentan 4 poemas de cada unha. O volume está prologado por Helena González Fernández e leva o título “Compañeira tristeza”.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Literatura, Vieiros, Helena González...