aCentral Folque mestura música e audiovisual nos seus novos lanzamentos

Trátase de Vikingland 2016 de Ulobit e Sons do mercado de Alejandro Vargas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
aCentral Folque mestura música e audiovisual nos seus novos lanzamentos

O primeiro lanzamento discográfico do trío experimental Ulobit non é un disco. O grupo daba a coñecer o pasado 21 de decembro Vikingland 2016, un proxecto no que poñen música a imaxes do filme Vikinglad, de Xurxo Chirro, e que ve a luz na forma dunha memoria USB que se presenta integrada nunha lata de conservas. Zanfona, computadores, vídeo, filtros de son e improvisación atópanse nun traballo que reaproveita material bruto do filme e lle outorga un novo significado mediante a súa interacción coa música. Vikingland 2016 sae á luz nunha tiraxe limitada a cen exemplares.

Non é este o único proxecto músico-audiovisual de aCentral Folque, que acaba de presentar o DVD Sons do Mercado. Trátase dun filme documental dirixido por Marcos Nine con música orixinal de Alejandro Vargas que recolle a experiencia de dinamización Efecto Proximidade que se desenvolveu no mercado compostelán de Salgueiriños. Para alén do documental, o lanzamento recolle a música orixinal de Vargas e material extra.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con aCentral Folque, Documental, Marcos Nine, DVD

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos