A 21ª edición de OuTonalidades abre o prazo de inscrición a artistas galegos

O circuíto de intercambio levará actuacións musicais por toda a península e Francia

A Axencia galega de Insdustrias Culturais (AGADIC) e a asociación cultural lusa d’Orfeu veñen de firmar un acordo de colaboración para a participación de grupos e artistas galegos na 21ª edición de OuTonalidades, o circuíto de música en vivo cuxa programación se desenvolverá entre setembro a decembro de 2017 en Portugal e diversos puntos da península Ibérica e Francia nunha rede de cafés, bares, teatros ou pequenos auditorios.. As bandas e solistas galegos, de calquera estilo musical, interesados en optar a esta programación teñen de prazo ata o vindeiro 31 de xaneiro para formalizar a súa inscrición na plataforma dixital de OuTonalidades, onde deben rexistrar todos os seus datos. Cos inscritos, d'Orfeu comporá unha bolsa de espectáculos pre-seleccionados dispoñibles, clasificados en función dos seus cachés de contratación. Posteriormente, os espazos adheridos a OuTonalidades serán os que escollerán os grupos que integrarán o calendario final de concertos.

OuTonalidades funciona desde 1997 como un circuíto de distribución e circulación da música ao vivo, que abrangue na actualidade teatros, auditorios e locais de toda a xeografía portuguesa, ademais doutros puntos da península ibérica e de Francia. Ademais, nos últimos dous anos estableceu alianzas con eventos internacionais lusos como os festivais Bons Sons e Andanças e con Brasil. Para o seu desenvolvemento, conta cos apoios da Direcção-Geral das Artes do Ministério da Cultura de Portugal, da Câmara Municipal de Águeda e do Instituto Português do Desporto e Juventude. A participación dos grupos só se permite aos que teñan establecido un intercambio mediante unha asociación ou entidade pública ou privada do seu país de orixe que garanta un sistema de intercambio con artistas portugueses. Para formalizar a inscrición debe facerse a través da páxina web da sociación cultural lusa d’Orfeu.
Ligazóns