Os concellos poderán programar espectáculos fóra dos recintos da RGTA

A flexibilización de requisitos ten como obxectivo fomentar a contratación e esgotar as partidas consignadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre desde hoxe e ata o 8 de xuño de 2020 o prazo de inscrición de espectáculos e/ou concertos de compañías escénicas e grupos musicais galegos cara á configuración da programación do segundo semestre de 2020 da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). Para este mesmo período, introdúcese ademais unha serie de medidas de flexibilización da normativa do circuíto co fin de paliar os efectos que nas empresas de artes escénicas e musicais está a ter o peche dos espazos motivado pola crise sanitaria do Covid-19.
Desde xeito a programación para este segundo semestre poderá trasladarse, dentro dun mesmo concello beneficiario, a espazos escénicos diferentes aos inicialmente adheridos á RGTA para facilitar así as representacións con capacidade de público e con medidas de seguridade axeitadas.

Tamén se permite con esta convocatoria adiantada e flexibilizada de acordo aos Plans de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico da Xunta, a programación na rúa ou noutros espazos non convencionais durante os meses de verán e que as funcións poidan realizarse no marco dalgún festival ou programación distinta a da RGTA. A convocatoria flexibilizada busca tamén fomentar a contratación de segundas e terceiras funcións en cada espazo dos 40 concellos adheridos. Ademais este semestre a RGTA ten o compromiso de recolocación das funcións aprazadas nestes pasados meses. O obxectivo é que todos os espazos adheridos esgoten o crédito consignado para o ano 2020, tentando paliar así os efectos que nas empresas de artes escénicas e musicais está a ter o peche motivado polo estado de alarma.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Covid, Rede Galega de Teatros e Auditorios, Axencia Galega das Industrias Culturais...